martes, 1 de diciembre de 2015

Adaptaciones curriculares.

En estas páginas podemos encontrar herramientas y muchos recursos para elaborar las temidas adaptaciones curriculares de las diferentes áreas, cuestiones, dudas, consultas, actividades, información, etc.., de Pedagogía terapéutica y Audición y Lenguaje.
Podéis consultarla y seguro que algo interesante podréis encontrar en ella.
Pincha en este link:
Todo sobre adaptaciones curriculares

Generador de actividades y más:
interacis

Adaptaciones, refuerzos de matemáticas
Refuerzos matemáticas y más

sábado, 28 de noviembre de 2015

Adaptaciones curriculares.Ejemplos

Temos aquí un blog moi interesante sobre Necesidades específicas especiales, ACIs, etc.
Podedes botarlle un ollo porque creo e un blog válido para atopar recursos para traballar cos nosos alumnos con ACIs apoio educativo ou reforzo.
https://micolederiogordo.wordpress.com/adaptaciones-curriculares/



lunes, 9 de noviembre de 2015

Xogos de fichas e da nutrición e aparatos.



1.-Observar o mural sobre a nutrición e os aparatos que nela interveñen.
2.-Coas fichas identifican cada proceso cos seus órganos ou aparatos, funcións.Palabras clave.
As fichas son as da imaxe de abaixo.

martes, 27 de octubre de 2015

A nutrición e aparatos.

Blog interesante para traballar o tema da nutrición e os aparatos que interveñen no proceso.
Temos fichas e actividades para imprimir ou realizar directamente na tablet, ordenador ou adaptalas ao nivel que precisemos.

A nutrición. Aparato respiratorio

A nutricion. Aparato dixestivo I

sábado, 24 de octubre de 2015

Recursos para varias áreas e niveis

Interesante blog con multitude de recursos educativos por áreas, niveis e ed.especial, Eso e Primaria.Multitude de fichas e actividades.

Fichas de reforzo e ampliación

domingo, 18 de octubre de 2015

Recursos dixitais sobre a nutrición

Aquí tedes varios recursos dixitais para traballar cos alumnos sobre nutrición, alimentación, hábitos, clasificación dos alimentos etc. Son interactivos e por niveis. Pinchade debaixo y escollede o que mellor vos vai ao curso ou nivel.

Actividades nutrición interactivas

sábado, 3 de octubre de 2015

Como facer mapas mentales, conceptuales.

Con este recurso poderemos aprender e comprender a técnica da creación e elaboración de esquemas, que servirán para mellorar a nosa capacidade, a nosa comprensión dos contidos. Interesantísima ferramenta!!!. Escoita e le este curso interactivo e mellora as túas técnicas de estudo.
Enlace: pincha aquí
Curso de mapas mentales

jueves, 1 de octubre de 2015

Adaptación Ciencias 6º

Este ano levarei a cabo unha adaptación curricular do curso de 6º de Primaria na área de Ciencias NAturais e Sociais para un nivel de 4º de Primaria.
Trátase de modificar entre varias cousa os contidos de 6º para 4º curso, a metodoloxía, recursos, activdades etc..
O primeiro que fixen é unha avaliación inicial, que xunto cos informes e adaptación do curso pasado, elaborar a deste curso 2015-16 ( no noso caso alumno de 6º de E.P.).
Vendo os contidos, obxectivos, criterios e estándares de 4º e vendo as unidades de 6º, poderei adaptalos a este curso, para que así poida traballar na aula e co profesor de apoio a mesma vez, os mesmos cursos, cos compañeiros tamén.
Divido os contidos en bloques e creo as miñas unidades didácticas (con recursos, actividades, fichas, probas etc..).Aquí debaixo tedes o exemplo:

4º CURSO:


Bloque I: Os 5 reinos

1.- Os seres vivos.
2.- Os seres microscópicos
3.- As plantas
4.- Os animais vertebrados
5.- Os animais invertebrados.

Bloque II: A materia e o universo

6.- A materia que nos rodea.
7.- O universo e o sistema solar
8.- O planeta Terra.

6ºCURSO:


Bloque I: O ser humano

1.- Os seres vivos
2.- A nutrición
3.- A reproducción humana.
4.- A saúde.

Bloque II: A materia

5.- A materia e a enerxía
6.- Electricidade e magnetismo.

Esta estructura adaptase á dos bloques de contidos da LOMCE para o curso.Vexamos:

O bloque 1: iniciación á actividade científica, oriéntase basicamente aos coñecementos necesarios para a planificación, realización e posterior comunicación dos resultados de tarefas integradas, proxectos, experimentacións ou pequenas investigacións. Integra así coñecementos conceptuais, procedementais e actitudinais necesarios para o desenvolve- mento dos catro bloques restantes tendo, polo tanto, carácter fundamental e transversal para o desenvolvemento da área. 
O bloque 2: o ser humano e a saúde, integra coñecementos, habilidades e destrezas encamiñados ao coñecemento do propio corpo e das interaccións deste cos demais seres humanos e co medio, á prevención de condutas de risco e a desenvolver e fortalecer comportamentos responsables e estilos de vida saudables. Recolle tamén o coñecemento de si mesmo/a para valorarse como diferente, respectar a diversidade e para facilitar o equilibrio emocional.
O bloque 3: os seres vivos, oriéntase fundamentalmente ao coñecemento, respecto e aprecio das plantas e dos animais, á iniciación aos outros reinos e ao interese por conser- var a biodiversidade.
O bloque 4: materia e enerxía, inclúe contidos relacionados coas propiedades dos materiais e as diferentes formas de enerxía, as consecuencias medioambientais do seu uso, así como a experimentación de fenómenos físicos e químicos sinxelos.
O bloque 5: a tecnoloxía, aparellos e máquinas, inclúe basicamente contidos relacionados coas máquinas e cos aparellos de uso cotián, a enerxía que empregan e os avances científicos e tecnolóxicos que inflúen nas condicións de vida actual. 

domingo, 20 de septiembre de 2015

Os seres Vivos

Curso 2015-16
Un dos temas que imos tratan neste 6º curso serán os Seres vivos.Para o noso caso de necesidade especial, temos este enlace para traballar na aula, a través dos grupos colaborativos. Faremos unha tarefa integradora.Adaptamos o tema ao noso alumnado (ACI) e a vez traballamos co resto do grupo.
Necesitamos: netbook ou tablet e uns auriculares.
Esta tarefa recolle todo o proceso, recursos, avaliación.Levaremola a cabo na derradeira semana de stembro e nas primeiras de outubro (por equipos cooperativos).

Os seres vivos I

domingo, 10 de mayo de 2015

Abalar: recursos

A través de Abalar podemos atopar unha serie de recursos válidos para os nosos alumnad@ con algunha dificultade de aprendizaxe ou con necesidades especiais.Trátase de unha especie de Aula Virtual. Necesitades nalgún caso as licencias das editoriais coma: Santillana (e-vocación), dar de alta unha conta: usuario e contraseña etc...
Aquí tedes un enlace a este plan para que poidades atopar algún recurso para os vosos alumnos.

Aula virtual

lunes, 20 de abril de 2015

Recursos para todos

Aquí tedes unha serie de recursos para pais/nais e mestres para traballar varias áreas dun xeito máis interactivo.Deixovos o enlace. Moi interesante, pero debedes facer antes unha selección, é dicir, botádelle un ollo e buscade o que máis vos interese.

Recursos.

miércoles, 18 de marzo de 2015

martes, 3 de febrero de 2015

O universo e o Sistema Solar

Actividades para realizar cos alumnos:
1.-Elaboración dun "Sistema Solar" cos planetas e satélites a partires de material de refugallo: cortizas, cartón, bolas de espuma, telas, arames...etc...
Podemos facelo en equipos cooperativos cos compañeiros do grupo colaborativo da clase.
Materiais de refugallo e pinturas ó auga ou outras pinturas similares.

2.-Video e xogo interactivo para a comprensión dos contidos:
Netbook e auriculares: lee e escoita o video ou recurso.Ver o enlace de debaixo.
Despois completar ficha.

Universo e sistema solar

lunes, 12 de enero de 2015

A nutrición

A nutrición e a alimentación:

Para comezar lee o texto do enlace e completa as actividades.
**Alimentos e nutrición

Aquí temos diferentes recursos sobre a nutrición e os aparatos que interveñen neste proceso.
Lee e escoita os videos.Logo faremos algunha ficha sobre os contidos tratados no tema.



1.-Xogo sobre a nutrición.
Necesitamos uns cascos ou auriculares.Pincha aquí debaixo no enlace (sempre estarán nese color):

**Materiales Educativos: enigma de la nutrición

2.-Video e esquema sobre a respiración.Aparato respiratorio.
**Contidos Educativos Dixitais Primaria