Trátase de modificar entre varias cousa os contidos de 6º para 4º curso, a metodoloxía, recursos, activdades etc..
O primeiro que fixen é unha avaliación inicial, que xunto cos informes e adaptación do curso pasado, elaborar a deste curso 2015-16 ( no noso caso alumno de 6º de E.P.).
Vendo os contidos, obxectivos, criterios e estándares de 4º e vendo as unidades de 6º, poderei adaptalos a este curso, para que así poida traballar na aula e co profesor de apoio a mesma vez, os mesmos cursos, cos compañeiros tamén.
Divido os contidos en bloques e creo as miñas unidades didácticas (con recursos, actividades, fichas, probas etc..).Aquí debaixo tedes o exemplo:
4º CURSO:
Bloque I: Os 5 reinos
1.- Os seres vivos.
2.- Os seres microscópicos
3.- As plantas
4.- Os animais vertebrados
5.- Os animais invertebrados.
Bloque II: A materia e o universo
6.- A materia que nos rodea.
7.- O universo e o sistema solar
8.- O planeta Terra.
6ºCURSO:
Bloque I: O ser humano
1.- Os seres vivos
2.- A nutrición
3.- A reproducción humana.
4.- A saúde.
Bloque II: A materia
5.- A materia e a enerxía
6.- Electricidade e magnetismo.
Esta estructura adaptase á dos bloques de contidos da LOMCE para o curso.Vexamos:
O bloque 1:
iniciación á actividade científica, oriéntase basicamente aos
coñecementos necesarios para a planificación, realización e posterior
comunicación dos resultados de tarefas integradas, proxectos,
experimentacións ou pequenas investigacións. Integra así coñecementos
conceptuais, procedementais e actitudinais necesarios para o desenvolve- mento
dos catro bloques restantes tendo, polo tanto, carácter fundamental e
transversal para o desenvolvemento da área.
O bloque 2: o ser humano e a saúde,
integra coñecementos, habilidades e destrezas encamiñados ao coñecemento do
propio corpo e das interaccións deste cos demais seres humanos e co medio, á
prevención de condutas de risco e a desenvolver e fortalecer comportamentos
responsables e estilos de vida saudables. Recolle tamén o coñecemento de si
mesmo/a para valorarse como diferente, respectar a diversidade e para facilitar
o equilibrio emocional.
O bloque 3: os seres vivos,
oriéntase fundamentalmente ao coñecemento, respecto e aprecio das plantas e
dos animais, á iniciación aos outros reinos e ao interese por conser- var a
biodiversidade.
O bloque 4: materia e enerxía,
inclúe contidos relacionados coas propiedades dos materiais e as diferentes
formas de enerxía, as consecuencias medioambientais do seu uso, así como a
experimentación de fenómenos físicos e químicos sinxelos.
O bloque 5: a tecnoloxía, aparellos
e máquinas, inclúe basicamente contidos relacionados coas máquinas e cos
aparellos de uso cotián, a enerxía que empregan e os avances científicos e
tecnolóxicos que inflúen nas condicións de vida actual.
No hay comentarios:
Publicar un comentario