jueves, 1 de octubre de 2015

Adaptación Ciencias 6º

Este ano levarei a cabo unha adaptación curricular do curso de 6º de Primaria na área de Ciencias NAturais e Sociais para un nivel de 4º de Primaria.
Trátase de modificar entre varias cousa os contidos de 6º para 4º curso, a metodoloxía, recursos, activdades etc..
O primeiro que fixen é unha avaliación inicial, que xunto cos informes e adaptación do curso pasado, elaborar a deste curso 2015-16 ( no noso caso alumno de 6º de E.P.).
Vendo os contidos, obxectivos, criterios e estándares de 4º e vendo as unidades de 6º, poderei adaptalos a este curso, para que así poida traballar na aula e co profesor de apoio a mesma vez, os mesmos cursos, cos compañeiros tamén.
Divido os contidos en bloques e creo as miñas unidades didácticas (con recursos, actividades, fichas, probas etc..).Aquí debaixo tedes o exemplo:

4º CURSO:


Bloque I: Os 5 reinos

1.- Os seres vivos.
2.- Os seres microscópicos
3.- As plantas
4.- Os animais vertebrados
5.- Os animais invertebrados.

Bloque II: A materia e o universo

6.- A materia que nos rodea.
7.- O universo e o sistema solar
8.- O planeta Terra.

6ºCURSO:


Bloque I: O ser humano

1.- Os seres vivos
2.- A nutrición
3.- A reproducción humana.
4.- A saúde.

Bloque II: A materia

5.- A materia e a enerxía
6.- Electricidade e magnetismo.

Esta estructura adaptase á dos bloques de contidos da LOMCE para o curso.Vexamos:

O bloque 1: iniciación á actividade científica, oriéntase basicamente aos coñecementos necesarios para a planificación, realización e posterior comunicación dos resultados de tarefas integradas, proxectos, experimentacións ou pequenas investigacións. Integra así coñecementos conceptuais, procedementais e actitudinais necesarios para o desenvolve- mento dos catro bloques restantes tendo, polo tanto, carácter fundamental e transversal para o desenvolvemento da área. 
O bloque 2: o ser humano e a saúde, integra coñecementos, habilidades e destrezas encamiñados ao coñecemento do propio corpo e das interaccións deste cos demais seres humanos e co medio, á prevención de condutas de risco e a desenvolver e fortalecer comportamentos responsables e estilos de vida saudables. Recolle tamén o coñecemento de si mesmo/a para valorarse como diferente, respectar a diversidade e para facilitar o equilibrio emocional.
O bloque 3: os seres vivos, oriéntase fundamentalmente ao coñecemento, respecto e aprecio das plantas e dos animais, á iniciación aos outros reinos e ao interese por conser- var a biodiversidade.
O bloque 4: materia e enerxía, inclúe contidos relacionados coas propiedades dos materiais e as diferentes formas de enerxía, as consecuencias medioambientais do seu uso, así como a experimentación de fenómenos físicos e químicos sinxelos.
O bloque 5: a tecnoloxía, aparellos e máquinas, inclúe basicamente contidos relacionados coas máquinas e cos aparellos de uso cotián, a enerxía que empregan e os avances científicos e tecnolóxicos que inflúen nas condicións de vida actual. 

No hay comentarios:

Publicar un comentario